CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

As reaccións despois da detención do dirixente etarra Josu Ternera

16/05/2019 - 11:34 h

O histórico dirixente etarra José Antonio Urrutikoetxea Bengoechea, alias "Josu Ternera", foi detido este xoves nos Alpes franceses, onde residía, e está baixo custodia nun cuartel da Xendarmería á espera de ingresar en prisión para cumprir unha condena de oito anos.

Segundo informaron fontes xudidicia francesas, Urrutikoetxea non será presentado ante un xuíz de instrucción e entrará directamente en prisión para purgar esa pena de oito anos que lle foi imposta en xuño de 2017 polo seu papel como membro do aparato político da banda terrorista ETA.

Ao ser xulgado daquela en rebeldía, terá a oportunidade de se o desexa presentar un aletago para ser procesado de novo polos mesmos delictos.

Mentres se fai efectiva a súa pena de prisión en Francia, a Audiencia Nacional española podería revisar se ten elementos acusatorios na súa contra e solicitar unha entrega temporal ás autoridades francesas.

Urrutikoetxea, que levaba na clandestinidade desde 2002, foi arrestado no departamento de Alta Saboya, onde vivía actualmente, nunha operación conxunta entre a Dirección Xeral da Seguridade Interior (DGSI, os servizos de intelixencia da policía francesa) e a Garda Civil.

Neste Galicia por Diante falamos con Ángel Penas, presidente da Asociación Galega de Vítimas do Terrorismo.

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí