CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Pilar Otero: "O que di Facenda non sempre está ben"

16/05/2019 - 08:19 h

A presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia dixo esta mañá no Galicia por diante que "é tanta a información que se manexa que é moi posible que haxa algunha incorrección". Pilar Otero estivo na Radio Galega con motivo da campaña que acaban de poñer en marcha os xestores para animar aos cidadáns a que se asesoren antes de confirmar a declaración.

Otero lembrou que "o borrador é unha proposta que nos fai Facenda, pero o cidadán ten que repasalo". Engadiu que aínda hai persoas que pensan que, se é Facenda a que se equivoca, non pasa nada, pero a realidade non é así. Dixo que "calquera cousa que non estea reflectida no borrador pode supoñer un prexuízo para a Administración ou o cidadán, pero o principal problema aparece cando prexudica a Facenda, que remite unha declaración paralela que pode dar lugar a unha sanción e a xuros de demora".

Na entrevista no Galicia por diante, a presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia prestou especial atención ás deducións autonómicas, "que non acostuman aparecer correctamente no borrador". Recordou, así mesmo, que este ano desgravan as axudas polos incendios de 2017 e pola explosión pirotécnica de Paramos.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí