CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A ansiedade e o consumo de substancias

16/05/2019 - 07:36 h

Ángel Carracedo cédenos o espazo para falar con Julio Rodríguez, doutor en Medicina molecular e psicólogo, xenetista da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, sobre a ansiedade, ou a falta de ela, e o consumo compulsivo de substancias.

Investigadores da Universidade de Almería demostraron que ratos que eran criados nun ambiente enriquecedor (con xogos, interacción social, liberdade, actividade física, etcétera) eran menos propensos ao consumo compulsivo de bebidas azucradas e alcol.

Este ambiente enriquecedor tamén servía como terapia con ratos que xa presentaban este comportamento de consumo compulsivo, é dicir, que o facer actividades lúdicas serve tanto para previr como para extinguir o comportamento de consumo compulsivo de substancias, que normalmente é a fase previa da conduta adictiva.

Os autores salientaron que estes resultados son perfectamente extrapolables a humanos, xa que se basean na redución da ansiedade, e en humanos é sabido que altos niveis de ansiedade e estrés aumentan o consumo de substancias.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia