CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Sara Santos (Asociación de Hostaleiros de Santiago): "Hai moi poucos hoteis abertos, a ocupación non chega ao 15%"

16/03/2021 - 08:14 h

A presidenta da Asociación de Hostaleiros de Santiago falou esta mañá no 'Galicia por diante' das previsións que baralla o comité clínico que suporían un alivio para o sector. 

Manifesta Sara Santos que unnha ampliación de horarios sería bo sinal, sobre todo para as cafeterías, xa que terían máis marxe para poder traballar. Non tanto no caso dos restaurantes, xa que seguirían sen atender na quenda de ceas. 

En canto a mover o toque de queda, manifestou Santos que non teñen noticia de que vaia ser así, ao tempo que recoñece que "se agradece, porque se volve acontecer o mesmo que en Nadal, iso estragaría as esperanzas que o sector ten postas no verán". 

Polo momento, aclara, hai moi pouco turista foráneo, e os peregrinos son contados. Con vistas á Semana Santa a maioría dos hoteis continúan pechados e a ocupación non chega ao quince por cento. 

O colectivo volverá mobilizarse hoxe ante o Congreso dos Deputados reclamando máis axudas porque, afirma a presidenta dos hostaleiros composteláns, "todas as axudas son necesarias, pero o problema é que non chegan ás nosas contas, son escasas e tardías"

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia