CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Avances científicos en elenfatíase

15/11/2018 - 07:33 h

Hoxe Ángel Carracedo fálanos da Elenfatiasis ou Lymphatic filariasis, unha síndrome causada polos parasitos filarias. Son transmitidos por picadura de mosquito e provocan a obstrución dos vasos linfáticos, o que resulta en inflamacións severas de diferentes partes do corpo.

É considerada pola OMS como a segunda enfermidade máis discapacitante, por iso se propuxo que estea erradicada para 2020. Nun artigo publicado recentemente en 'The New England Journal of Medicine', móstrase un novo tratamento consistente nunha combinación de tres fármacos administrados dunha soa vez. Isto permite a eliminación dos parasitos do torrente sanguíneo da práctica totalidade dos pacientes no primeiro ano, o que é un grande avance con respecto aos cinco anos que se tardaba anteriormente. O traballo de investigación e tratamento foi realizado con fondos da fundación Melinda Gates.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí