CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Malestar entre as praceiras de Compostela pola limitación do número de postos na praza de abastos

15/09/2020 - 11:24 h

A pandemia da covid-19 provocou unha limitación do número de postos habilitados na praza de abastos de Santiago. O Sindicato Labrego Galego e a Federación Rural Galega solicitan que se solucione este problema que deixa fóra moitas labregas.

O reporteiro do Galicia por diante, Quique Magdalena, falou con Marisa, unha das praceiras afectadas:

Non teño onde ir. Que fago? Aquí veñen os políticos pedir o voto, pero despois desaparecen.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia