CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Silvia Penide dará un concerto nun escaparate para reivindicar que a cultura é segura

15/09/2020 - 10:18 h

A cantautora Silvia Penide tiña previsto un concerto o día 18 na Sala Garufa, que tivo que ser cancelado. É o pan de cada día para os nosos artistas, que viven coa incerteza de non saber cando van recuperar a actividade. 

Pero Silvia non quixo quedar de brazos cruzados e ten preparado un concerto moi especial nun escaparate da Coruña, para reivindicar que a cultura é segura e os artistas precisan deses espazos para poder vivir do seu. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia