CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Carmen Yáñez, alcaldesa de Lobios: "O que necesitamos é que poidan actuar os medios aéreos"

15/09/2020 - 08:13 h

A alcaldesa de Lobios, Carmen Yáñez, explicaba na Radio Galega a evolución do lume a primeira hora da mañá, apuntando que "a zona de Riocaldo agora estaba máis tranquila, pero o lume continuaba cara ao monte de Lobios".

Yáñez destacou as dificultades orográficas da zona afectada polo lume e agarda que as condicións permitan hoxe actuar aos medios aéreos: "Sobre todo, o que necesitamos é que poidan actuar. A nosa zona é moi escarpada, é serra, polo que os medios terrestres teñen dificultades para poder actuar. Hai moitas vagoadas nas que o acceso é dificil ou imposible".

A chuvia segue sen chegar ao concello ourensán e a alcaldesa lamentou o dano ambiental que está causando no Parque Natural do Xurés un incendio que considera intencionado "case ao cen por cento". Yáñez dixo que "o incendio se iniciou nunha das zonas máis protexidas do parque natural. Estamos falando da zona da Mina das Sombras, da zona da Corga da Frecha...".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia