CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Publícase unha guía para axudar os familiares de persoas con dano cerebral adquirido

15/05/2019 - 13:05 h

A Federación Galega de Dano Cerebral, Fegadace, presentou a guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familar está no hospital, dirixido a familiares e persoas hospitalizadas, de maneira que conten con apoio no momento da chegada desta discapacidade.

Neste Galicia por diante falamos con Begoña Hermida Val, directora de FEGADACE: "O dano cerebral implica tamén un empobrecemento para a persoa afectada e a súa familia".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí