CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Fernández-Campa: "O incremento de prazas e a estabilidade dos profesionais son as prioridades do Consello Técnico de Atención Primaria"

15/05/2019 - 08:21 h

O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Antonio Fernández-Campa, afirmou esta mañá no Galicia por diante que os asuntos prioritarios para o recentemente constituído Consello Técnico de Atención Primaria son "tratar de atopar máis profesionais a través do incremento de prazas acordado cos sindicatos e a convocatoria de prazas de OPE para incorporar unha maior estabilidade dos profesionais". Fernández-Campa engadiu que outra das prioridades é a necesidade de equipamento dos centros de atención primaria.

O xerente do Sergas asegurou que a atención primaria é "o nivel asistencial mellor valorado polos cidadáns". Entre os seus retos citou a atención á cronicidade, a eliminación de burocracia na consulta dos médicos de familia e "unha maior incorporación da atención primaria ao ámbito académico".

A constitución do Consello Técnico de Atención Primaria, que tivo lugar onte á tarde, enmárcase nos acordos acadados pola consellería e as organizacións sindicais. Cincuenta e cinco persoas de recoñecido prestixio no eido sanitario conforman este organismo, que se volverá reunir o próximo 13 de xuño para aprobar o regulamento interno de funcionamento.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí