CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Enrique Cabaleiro: "Prorrogar o peche de fronteiras non ten sentido vendo os datos dun lado e outro da raia"

15/03/2021 - 08:22 h

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cre que é unha "mala noticia"  prorrogar ata o 6 de abril o peche da fronteira con Portugal pola crise sanitaria e a proximidade da Semana Santa.

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', Cabaleiro afirmou que "non ten sentido prorrogar a situación por motivos epidemiolóxicos vendo os datos a un lado e outro da raia". O rexedor considera que a situación está a ter un "impacto demoledor" no tecido produtivo e económico do sur de Galicia e do norte de Portugal.

Cabaleiro denuncia o grave prexuízo que está a causar a empresas e traballadores o peche da maior parte dos pasos transfronteirizos.

Cando se cumpre un ano do estado de alarma, Cabaleiro cre que o peche de fronteiras "paralizou as relacións", pero di que "á vez, incrementouse o sentimento de unidade e da veciñanza transfronteiriza". O rexedor asegura que "os veciños están desexando que se abran as fronteiras. Senten a necesidade de compartir. O impacto estar a ser moi negativo non só no ámbito económico tamén no social e cultural".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia