CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O comité de Ence: "Non podemos ser moeda de cambio cada vez que hai eleccións"

15/03/2019 - 08:11 h

O presidente do comité de empresa de Ence, Ignacio Cuña, expresou hoxe a súa preocupación polo futuro da compañía, tras coñecerse que o Goberno central non lles vai poñer trabas aos recursos contra a prórroga da pasteira na ría ata o ano 2073, unha decisión adoptada polo Executivo de Mariano Rajoy en 2016.

Ignacio Acuña di que a sensación é "de calma contida" e argumenta que "non podemos seguir sendo moeda de cambio cada vez que hai eleccións". O presidente do comité explicou que a dirección lles asegurou que os investimentos inmediatos non se van ver afectados pola noticia, como a posta a punto da pasteira prevista para finais de mes.

Sobre a posibilidade dun traslado da empresa, unha opción á que a dirección sempre se negou, cre que é "se non imposible, moi, moi difícil". Acuña opina que "se alguén ten unha localización que cumpra as condicións que necesita a factoría, o que ten que facer é poñela sobre a mesa. O que queremos son alternativas serias e non brindes ao sol".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí