CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Manuela Fraguela, portavoz da Plataforma de Pensionistas de Compostela: "Non queremos ter que pasar cada ano por esta incerteza"

15/01/2020 - 08:10 h

A portavoz da Plataforma de Pensionistas de Compostela, Manuela Fraguela, amósase satisfeita polo acordo do Consello de Ministros de subir as pensións un 0,9 por cento, o mesmo que o IPC de novembro. Asegura que lles devolve en parte a confianza perdida.

Así e todo, nunha entrevista no 'Galicia por diante', Fraguela lamenta que o novo Goberno non comentase nada onte sobre unha reforma lexislativa que garanta a revalorización automática das xubilacións co IPC.

Manuela Fraguela di que é consciente de que esta reforma non se aproba de hoxe para mañá, pero amósase sorprendida de que o presidente do Goberno non o mencionase na conferencia de prensa de onte.

A portavoz da plataforma en Compostela admite que non lle gustan algunhas das propostas para reformar as pensións que lanzara o actual ministro de Seguridade Social, José Luis Escrivá, cando estaba á fronte da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal. Propostas que pasaban por ampliar de 25 a 35 anos o período de cálculo das pensións ou por incrementar a idade de xubilación.

Teme, ademais, que haxa un intento de privatizar o sistema público de pensións.

De momento, os pensionistas van manter as protestas que realizan desde hai dous anos.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia