CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A alunizaxe chinesa na cara oculta da Lúa

15/01/2019 - 07:34 h

O ano 2019 comeza forte no eido da investigación espacial: comentaremos a alunizaxe chinesa na cara oculta da lúa, a inminente aterraxe dunha sonda xaponesa nun asteroide, unha cámara estragada do telescopio espacial Hubble (agravado o tema polo peche gobernamental dos EUA), e como a sonda Voyager I (lanzada en 1977)  acaba de resolver unha incógnita relativa á materia escura, e mesmo de nanosatélites que van alén da órbita terrestre cara a Marte.

Tamén comentaremos os adiantos na intelixencia artificial, que están a permitir a detección de enfermidades por simple inspección de imaxes de caras.

Ao final da sección avanzaremos unha nova moi chamativa: dos movementos estraños que está a ter o polo norte magnético.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia