CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José González: "Os autores dos incendios van ter que responder co seu patrimonio"

14/09/2020 - 08:04 h

O conselleiro de Medio Rural, José González, repasou a situación dos incendios activos na provincia de Ourense e dixo que ten a certeza de que foron intencionados: "Prendeu naqueles sitios onde, por onde viña o vento, sabían que ía facer dano; varios focos, pola noite. Non hai casualidades, hai causalidades".

Aos incendios activos durante a tarde de onte houbo que sumarlles 3 máis durante a noite: Riba de Sil, Manzaneda e Vilardevós. O conselleiro apuntou que están calculando o custo dos danos materiais e do servizo de extinción para sumarlles ás penas de prisión: "Se podemos identificar os autores dos incendios, van ter que responder co seu patrimonio".

Neste sentido, o conselleiro solicitou a axuda da cidadanía: "Calquera comportamento que lles poida parecer pequeno pode ser moi valioso. Temos o teléfono 900-815-085, pregamos esa axuda".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia