CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José Manuel Sande asegura que a escolla do senador por designación autonómica non suporá a ruptura do grupo de En Marea

14/06/2019 - 08:12 h

O concelleiro en funcións da Coruña José Manuel Sande, candidato da maioría dos deputados de En Marea para ser senador por designación autonómica, confía en que o diálogo permita resolver o conflito aberto con Luís Villares, segundo dixo no Galicia por diante.               

O voceiro do grupo négase a propoñer a Sande ante a Mesa do Parlamento galego e insiste en que as bases elixiron en primarias a Mariló Candedo para ser senadora. O regulamento da Cámara establece que lles corresponde aos portavoces dos grupos propoñeren os aspirantes a senadores por designación autonómica.              

José Manuel Sande está convencido de que esta cuestión non levará á ruptura do grupo, porque, segundo afirma, "é unha situación que ninguén desexaría e, polo tanto, non vai suceder". Salienta que avoga polo diálogo e afirma que "estes días e estas horas" están para superar "calquera diferenza". 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí