CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Román Rodríguez: "Se queremos prever este tipo de barrabasadas, temos que ter un sistema preventivo"

14/03/2019 - 08:18 h

O conselleiro de Cultura falou esta mañá no Galicia por diante da súa proposta de instalar cámaras de gravación nos arredores da catedral de Santiago tras a aparición de pintadas nos muros o luns pasado.

Román Rodríguez considera que "a maioría da cidadanía entende perfectamente" a iniciativa, porque "se queremos prever este tipo de barrabasadas, temos que ter un sistema preventivo". O conselleiro apuntou que aínda non falaron do asunto co Concello compostelán: "Estamos falando coa Fundación Catedral, coa Delegación do Goberno e estamos tentando manter contactos co Concello".

Rodríguez falou tamén da xuntanza mantida onte en Lisboa con responsables do Goberno portugués para unir esforzos na promoción do chamado turismo espiritual, que ten Santiago e Fátima como puntos de referencia do noroeste peninsular. O conselleiro destacou o crecemento de peregrinos que chegan a Compostela a través do Camiño Portugués, "o segundo en afluencia, arredor dos 70.000 peregrinos cada ano". Para impulsar accións conxuntas, vaise crear un Consello Xacobeo en que participarán os dous países: "Temos unha oportunidade de traballo conxunto que pode beneficiar a Eurorrexión".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí