CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

César Carnero: "A xente non está sensibilizada; o patrimonio non se valora"

14/03/2019 - 08:13 h

O delegado de Patrimonio da Diocese de Lugo, César Carnero, cre que falta sensibilización social sobre a conservación dos monumentos. O Bispado está estudando a posibilidade de instalar cámaras na contorna da Catedral para evitar as continuas agresións ao edificio, principalmente na porta norte: "As fins de semana a xente usa ese espazo como se fose un urinario; as ferraxes da porta norte estanse desintegrando".

Carnero cre que as cámaras de gravación "poden non ser a solución", pero axudarán. A decisión aínda non está tomada, xa que se avalían os aspectos legais que leva consigo unha medida deste tipo.

O delegado de Patrimonio da Diocese de Lugo non percibe un aumento do vandalismo nos últimos tempos, pero aprecia que "falta sensibilización; o patrimonio non se valora".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí