Galicia por Diante
O amor dende o punto de vista científico
Hoxe temos unha sección diferente de divulgación científica. Este espazo, habitualmente protagonizado por Ángel Carracedo, conta nesta ocasión con Julio Rodríguez. Neste 14 de febreiro, Día dos Namorados, analizamos o amor dende o punto de vista científico.
O amor é profundamente biolóxico. Impregna todos os aspectos das nosas vidas e inspirou innumerables obras de arte. O amor tamén ten un profundo efecto sobre o noso estado mental e físico. Hoxe vamos falar dos principios evolutivos e as interaccións bioquímicas con consecuencias psicolóxicas, fisiolóxicas e comportamentais que están detrás dun sentimento e dunha emoción tan poderosa como é o amor.