CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Begoña Ramos, delegada na Coruña da Asociación de Fiscais: "O problema é que antes foi ministra, e preocupa a posible independencia e imparcialidade nas súa decisións"

14/01/2020 - 08:10 h

Begoña Ramos: delegada na Coruña da Asociación de Fiscais: "O problema é que antes foi ministra, e preocupa a posible independencia e imparcialidade nas súa decisións".

A Asociación de Fiscais, a maioritaria no sector e de perfil conservador, desconfía da proposta de nomeamento de Dolores Delgado como Fiscal Xeral do  Estado.

"Hai que garantir a independencia, e con ese nomeamento non é a forma mais axeitada de garantir a independencia do Ministerio Fiscal nas súas funcións", explicaba no 'Galicia por diante' Begoña Ramos, delegada da asociación na Coruña.

Segundo Ramos, "A cidadanía séntese moi preocupada pola independencia en termos xerais do poder xudicial en situacións coma a de Cataluña", e cre que a elección de Delgado non foi a máis adecuada: "O problema é que antes xa desempeñou un cargo, xa foi ministra, e preocupa a posible independencia e imparcialidade nas súa decisións".

Ramos lembra que o informe que emita o Consello  Xeral do Poder Xudicial sobre a súa ideoneidade non é vinculante para o Goberno pero non ve necesario de momento reformar o sistema de elección na Fiscalí Xeral do Estado: "Na reforma do Estatuto Organico do Ministerio Fiscal de 2007 puxéronse os mecanismos axeitados para que esas suspicacias podan ser paliadas, e con esta reforma esa independencia está garantida".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
200 OK

OK

The server encountered an internal error or misconfiguration and was unable to complete your request.

Please contact the server administrator, crtvg@crtvg.es and inform them of the time the error occurred, and anything you might have done that may have caused the error.

More information about this error may be available in the server error log.