Galicia por Diante
Teresa Peramato (Asociación Progresista de Fiscais): "O máis importante é que se rompa o cordón umbilical e o fiscal xeral sexa absolutamente autónomo"
Teresa Peramato, presidenta da Asociación Progresista de Fiscais: "O máis importante é que unha vez se nomee, se rompa o cordón umbilical e o fiscal xeral sexa absolutamente autónomo e independente do Goberno".
A Asociación Progresista de Fiscais pide un voto de confianza para Dolores Delgado, a persoa proposta polo Goberno para asumir a Fiscalía Xeral do Estado.
A presidenta da UPF, Teresa Peramato, entende as reticencias pero pide darlle unha oportunidade: "Hai que deixala actuar, hai que ver como o fai; nós esperamos que o faga con lealdade á institución, á que pertence dende hai máis de trinta anos".
A presidenta da Unión Progresista de Fiscais recalca que "o Goberno non pode darlle ordes ao Ministerio Fiscal". Lembra que as relacións entrambas institucións "están moi taxadas" e espera que Dolores Delgado garanta a "autonomía indepencia do Ministerio Fiscal".
Nunha entrevista no 'Galicia por diante', Peramato matiza que unha vez sexa nomeada o importante é "que se rompa o cordón umbilical e que o Fiscal Xeral sexa absolutamente autónomo e independente do Goberno, e iso conseguiuse coa reforma do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal de 2007". Con todo, a UPF advirte: "Se forse necesario facer críticas das súas actuacións, farémolo e actuaremos en consecuencia".