CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Celso Delgado, deputado do PP por Ourense e presidente da Comisión de Fomento no Congreso

13/10/2016 - 08:14 h

O deputado do PP Celso Delgado súmase ás opinións doutros membros do seu partido que ven máis preto a investidura de Mariano Rajoy, logo do cambio na dirección do Partido Socialista.

No "Galicia por diante" Delgado celebrou que o presidente da xestora "diga cousas que os populares levan tempo agardando escoitar" e insiste en que

É incuestionable que, ante as posturas enrocadas do non, agora coa xestora é máis fácil dialogar porque entende o dano que causarían unhas terceiras eleccións

O presidente da comisión de Fomento anima aos socialistas a se decantaren pola abstención e argumenta que, ante un eventual goberno en minoría de Rajoy, o PSOE tería a oportunidade de influír en moitos proxectos de lei. Incide Delgado en que el "é un deputado electo que está desexando poñerse a traballar" e advirte de que

Unhas terceiras eleccións chamarían moito a atención a nivel internacional

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia