CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Andrés García: "Sabemos que a sardiña está nun bo momento, non hai xustificación para ter a frota nesta tesitura"

13/08/2019 - 08:24 h

Representantes do cerco de Galicia e Portugal reuniranse hoxe en Vigo para reclamar un aumento do cupo de sardiña de 20.000 toneladas ós gobernos español e luso. Destas 20.000, a España perténcelle un 33.5%, do cal un 60% corresponderíalle ao cerco do Cantábrico Noroeste.

O portavoz de Acerga destacou esta mañá no Galicia por Diante que malia non haber datos oficiais, hai sardiña e cría de sardiña para aumentar o cerco.ç

Este ano a tempada deste peixe foi máis curta que outros anos, pechou o 16 de xullo. Nestes momentos, a frota galega ten como única pesquería o xurelo. O portavoz salientaba que "unha frota como a galega non pode depender dunha única especie, xa que iso pagarase nun futuro".

Dende Acerga manteñen que a decisión unilateral de Portugal de aumentar o cerco non vai a saír adiante e manifestan que este é un acordo que lle corresponde a ambos países. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí