CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Coñecemos a opinión de consumidores e empresarios do endurecemento na regulación de alcol e tabaco

13/08/2019 - 08:03 h

O endurecemento da regulación do consumo do tabaco e alcol, considerada positiva polas plataformas en loita, mentres que os empresarios piden cautela.

O anuncio da ministra de Sanidade en funcións de endurecer a normativa que regula o consumo de tabaco el alcol xerou disparidade de opinións.  Por unha banda, a da Fundación Galega contra o narcotráfico, que estima que afondar na saúde pública sempre é positivo. 

No Galicia por Diante, o seu presidente, Fernando Alonso amosou a súa precoupación pola normativa que restrinxe o consumo de alcol nos menores. Considéraa "insuficiente". "A normativa está ben escrita pero na realidade non se cumpre". Alonso admite que " todos temos asumido que os menores consumen bebidas alcólicas e tomámolo como un tema inocente, produto da diversión xuvenil".

No tocante ás restricións de tabaco e vapeadores nas terrazas, o Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, pide cautela. Jorge Cebreiro asegura que "o que precisamos os empresarios é estabilidade nas normas". Considera que "este tema pode afectar negativamente ó negocio dos hosteleiros, obrigándoos a levar a cabo reformas que despois non servirán de nada". Engade " estes vaivéns nas normativas provocan gastos e non saber ó que aterse".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí