CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ana Pontón: "Con independencia do resultado electoral, temos un país que non pode seguir con esta inercia e esta atonía"

13/07/2020 - 08:46 h

A voceira do Bloque, Ana Pontón, promete traballar desde a oposición para reactivar Galicia, ante a situación "moi delicada que vive o país".

"Imos traballar para levantar este país porque o reto máis inmediato que temos é a reactivción, a reconstrución económica e social. Galiza está nunha situación moi delicada e nós imos traballar polo ben deste país e coa man tndida para sacar adiante a Galiza e os galegos e as galegas, que ten que ser a nova prioridade".

"Aspirabamos a liderar o país nesta etapa. Os galegos e galegas falaron e o que nos toca é construír deste a oposición e traballar para que dentro de 4 anos poidamos facer realidade o que foi o soño de moitas persoas nesta campaña: que poidamos ter unha presidenta".

"Con independencia de cal sexa o resultado electoral, temos un país no que non se pode seguir con esta inercia e esta atonía. Temos unha Galiza que necesita novas ideas e un novo impulso. Nós desde a oposición traballaremos para defender os intereses dos galegos e das galegas e para poñer iso por diante, farémolo coa convicción de que temén poderemos achegar desde a oposición e sinalando, como non pode ser doutra forma, aquilo que a nós nos pareza que non é correcto, e poñendo sobre a mesa alternativas".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia