CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Pablo Arangüena: "É un resultado que non nos satisfai, aínda que subiramos un punto e medio"

13/07/2020 - 08:40 h

O vicesecretario de organización e voceiro do PSdeG-PSOE, Pablo Arangüena, califica de 'insatisfatorios' os resultados obtidos nas eleccións de onte.

Os socialistas lograron 15 escanos, un máis ca nos anteriores comicios, pero quedaron por detrás do Bloque Nacionalista Galego, que consegiu 19.

En declaracións ao Galicia por Diante, Arangüena afirmou que o coronavirus marcou un proceso electoral que tildou de "anómalo e adverso". Afirmou que as enquisas eran moito máis favorables para os socialistas na convocatoria de abril que se tivo que anular. pero non ocultou a frustración polos resultados: "todo este conxunto de anomalías e de situacións peculiarísimas, que nunca se deran, determinaron unha situción moi excecional. En todo caso, como dixo Gonzalo a pasada noite, non estamos satisfeitos cos resultados, aínda que subiramos un punto e medio. É un resultado que non nos satisfai".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia