CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A extinción das plantas, un efecto do ser humano sobre a natureza

13/06/2019 - 07:38 h

Hoxe Ángel Carracedo fálanos dunha das consecuencias máis rechamantes e menos consideradas do efecto do ser humano sobre a natureza: extinguíronse dúas veces máis plantas que aves, mamíferos e anfibios combinados. A esta catástrofe únese que máis dun millón de especies (incluíndo o 14% da diversidade de plantas e animais) están ameazadas de extinción.

Paralelamente a este tema, relacionado con el pero en clave optimista, Ángel tamén nos comenta a revolución que se está a dar no campo da taxonomía (identificación e clasificación de seres vivos); o que antes levaba meses ou anos, agora faise en minutos e polo custo duns céntimos. É unha revolución impulsada por curtos tramos de ADN, chamados códigos de barras, que varían só o suficiente para proporcionar marcadores distintivos das especies. Así, casi inmediatamente, os científicos poden dicir se un animal é unha nova especie ou non.

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí