Galicia por Diante
Gonzalo Pérez Jácome: "A prioridade é que Gonzalo Jácome sexa alcalde de Ourense"
Democracia Ourensana negocia tanto co PP como co PSOE co obxectivo de que o seu líder sexa o próximo alcalde de Ourense. A cambio, Gonzalo Pérez Jácome ofrécelle ao PSOE conseguir a presidencia da Deputación e ao PP, mantela.
A pesar de que en campaña electoral destacaba como prioridade desaloxar a Manuel Baltar da Deputación de Ourense, agora rexeita vetalo. Pérez Jácome destacou no Galicia por diante que o máis importante é a cidade de Ourense e a prioridade "que Gonzalo Jácome sexa alcalde de Ourense".
O líder de Democracia Ourensana rexeita a posibilidade de repartir a alcaldía de forma que a el lle correspondesen dous anos. Gonzalo Pérez Jácome entende que sería unha "chapuza" e sostén que, xa que están en xogo dúas institucións, o máis normal sería que un partido goberne no Concello e outro na Deputación.
Jácome asegura que ten que haber un Goberno de coalición na cidade, porque, segundo afirma, a única alternativa sería un executivo en minoría do PSOE.