CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José González: "O noso servizo de extinción tarda 20 minutos en chegar a calquera incendio forestal"

12/04/2019 - 08:16 h

O conselleiro do Medio Rural afirma que, dos 585 incendios forestais declarados no primeiro trimestre do ano, a gran maioría, o 96 por cento, non superou as 25 hectáreas. E defendeu que o servizo de extinción é "eficacísimo".

"Practicamente non chegan ao 4 por cento os que pasaron de 25 hectáreas. Dous de cada tres deses incendios quedaron en conato, é dicir, non chegaron a unha hectárea. E o tempo de reacción que temos nos 585 incendios é de arredor de 20 minutos. É dicir, en calquera punto de Galicia o noso servizo de extinción tarda 20 minutos en chegar ao incendio desde que é avisado. Polo tanto, temos un servizo eficacísimo".

González insistiu en que, segundo os datos dos investigadores, o 78 por cento dos incendios foron causados de forma intencionada.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí