Galicia por Diante
Imos ata Xinzo de Limia para descubrir cal é o prezo da pataca
Neste Galicia por Diante imos ata Ourense para coñecer cal é o prezo da pataca. Falamos cos profesionais do agro de Xinzo de Limia.
"Os que quedan coa maior parte do 'pastel' son os intermediarios, non o sector primario"
"Foi un ano poco habitual pola produción, polas temperaturas de verán, a chuvias, as tormentas...un ano normal tirando a malo"
"Como o mercado da pataca é tan oscilante é moi difícil manter unha explotación. Cada vez hai máis produtores de patacas, sobre todo, xente nova, que destinan parte das súas hectáreas aos cultivos de horta como a cebola, o repolo, o brócoli.. son sectores que esixen unha maior cantidade de man de obra, xa que non están tan mecanizados como o cultivo da pataca. Na agricultura segue faltando man de obra cualificada"