CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O cambio de hora en Galicia

11/12/2018 - 07:34 h

Este martes resumimos as conclusións da xornada que tivo lugar no Consello da Cultura Galega sobre o cambio estacional de hora e damos os parabéns a Luis Liz Marzán, o lugués que acaba de ser galardoado co Premio Nacional de Investigación.

Ademais diso, no número desta semana da revista Nature anúnciase que Groenlandia se está a derreter a un ritmo que se acelera cada vez máis, e que está chegando a un niveis sen precedentes nos últimos 6 ou 7 milenios. Isto cadra co anuncio de que o ritmo de emisións de CO2 segue a medrar.

Acábase de anunciar tamén a detección dun novo suceso de fusión de buratos negros, simplemente a través dunha reanálise de datos rexistrados hai case ano e medio. Con isto, o catálogo de sucesos desvelados con esta nova astronomía segue a medrar.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí