Galicia por Diante
Ana Pontón (BNG): “O Bloque apoiará un goberno de esquerdas se se atenden os intereses de Galicia”
A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, asegura que grazas ao escano do Bloque a ultradereita NON ten representación en Galicia.
Pontón adiantou na Radio Galega que o deputado do BNG, Néstor Rego, apoiará un goberno progresista sempre e cando se teñan en conta os intereses de Galicia. “Vamos ir a Madrid a defender os intereses dos galegos”, asegurou.
A líder do Bloque admitiu que queda un escenario complexo tras as eleccións xerais, e cualificou de "frivolidade" a actitude do PSOE e de Podemos, que conduciu á repeticion electoral. Esa actitude supuxo, na súa opinión, “un balón de osíxeno para a ultradereita, deulle ás”.
Ana Pontón considera "gravísimo" que o Partido Popular “manteña contactos con Vox, unha formación –dixo–, que pide a ilegalización do Parlamento de Galicia, da propia Xunta, do idioma galego e dunha formación democrática como é o BNG”.
Para Pontón “o PP non pode seguir poñéndose de perfil” nesta cuestión.