CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

"É moi probable que as cláusulas IRPH se declaren abusivas"

11/09/2019 - 08:25 h

O avogado Carlos Tomé cre que hai razóns suficientes para esperar que a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre o IRPH das hipotecas, que emitirá a comezos do ano próximo, sexa favorable aos intereses dos usuarios.

Baséase non só na tendencia garantista do Tribunal de Xustiza da Unión Europea en relación cos dereitos dos consumidores, senón tamén no último informe do avogado xeral e noutro anterior da propia Comisión Europea.

Nunha entrevista no Galicia por diante, Tomé lembrou que xa existen sentenzas de xuíces españois que apoian as demandas dos clientes afectados polo presunto uso abusivo deste índice por parte das entidades bancarias.

O avogado coruñés insistiu tamén en que o importe das devolucións, no caso de sentenzas favorables aos afectados, vai depender sobre todo de dous factores: a retroactividade que determine o xuíz e o cálculo dos xuros dos préstamos. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí