CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Deborah fálanos da farmacéutica Pfizer, o alzhéimer e as noticias falsas

11/06/2019 - 11:46 h

Na sección de divulgación científica do Galicia por diante falamos con Deborah García Bello da farmacéutica Pfizer, o alzhéimer e as fake news.

O 4 de xuño, o Washington Post publicou que o laboratorio farmacéutico Pfizer tiña pistas de que o seu medicamento máis vendido podería previr o alzhéimer e que o ocultou. En poucas horas a prensa española reproduciu o artigo acompañado de titulares igual de desinformadores e demagóxicos. Aínda que o corpo da maioría destes artigos era unha reprodución do orixinal, algúns medios argumentaron sobre as posibles razóns que levarían a Pfizer a ocultar un tremendo descubrimento: que se a patente estaba a punto de caducar e non sería rendible, ou que é máis rendible a enfermidade que a cura... Razóns absolutamente delirantes. Obviando as cuestións éticas, descubrir un medicamento que cura ou prevén a enfermidade de alzheimer é, a todas luces, moi rendible.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí