CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Pfizer ocultou un medicamento contra o alzhéimer

11/06/2019 - 07:37 h

Arrancamos cunha exclusiva que sacou hai uns días o Washington Post: Pfizer (a farmacéutica que se fixera famosa polo Viagra) ocultou que un dos seus medicamentos para a artrite reumatoide tiña un potencial efecto bo para atacar o alzhéimer.

Acaba de anunciarse o Premio Turing, o "Nobel" da computación e intelixencia artificial, que neste ano recae no francés Yann LeCun, no canadense Yoshua Bengio e no británico Geoffrey Hinton, por conseguiren que as chamadas redes neuronais sexan un compoñente esencial na intelixencia artificial. Son considerados os fundadores da chamada "aprendizaxe profunda" en computación. Conseguiron fenómenos sorprendentes nestas estruturas, que aprenden soas. Hinton e Le Cun traballan para Google  e Facebook respectivamente. Bengio, na Univ. de Montreal, é o único gurú na aprendizaxe de máquinas que non abandonou o mundo académico. De feito, é un dos impulsores da Declaración de Montreal, que intenta dar unha serie de guías éticas sobre este espiñoso asunto. Ten medo de que se acabe abusando da IA, é que sexamos vítimas diso. Canto a que as máquinas se independizen e pensen por si soas, non o ve aínda.

Comentarei como a IA xa supera á percepción humana na detección de patróns.

No eido da xeoloxía, estase asentando cada vez máis a necesidade de definir unha nova era: o Antropoceno, na base de que a humanidade dende hai décadas cambiou a face da Terra dun xeito que deixará pegada en prospeccións feitas por xeracións futuras.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí