Galicia por Diante
Falamos cunha das oito alumnas que denunciaron por abuso sexual un profesor da Coruña, agora condenado: "Medo a que ninguén nos crese"
O Xulgado do Penal 4 da Coruña inhabilitou durante catorce anos e catro meses un profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso por abusos sexuais a oito das súas alumnas. O órgano xudicial tamén o condena na sentenza ao pago de distintas multas que suman un importe total duns 45.000 euros.