CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A intolerancia á lactosa

11/04/2019 - 07:35 h

Hoxe Ángel Carracedo cédenos o espazo para que Julio Rodríguez, doutor en Medicina Molecular e xenetista de diagnóstico xenético da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica nos fale de algo que está en boca de todos nestes días: a intolerancia á lactosa, o azucre do leite.

En concreto, falaremos da xenética da intolerancia á lactosa, e de como comprendendo a base xenética da mesma chegaremos a saber que realmente non é unha doenza, senón unha característica común a todos os animais mamíferos adultos, e de que o realmente "extraordinario" entre os mamíferos é o consumir e tolerar o leite en etapa adulta, algo que só fan os humanos e algunhas especies de gatos.

Tamén saberemos como a tolerancia á lactosa é un exemplo perfecto de selección natural que aconteceu co xurdimento de diversas mutacións que apareceron na historia evolutiva dos humanos hai entre 10.000 e 7000 anos, como os restos humanos previos a esa época non son portadores da mutación -e dicir, eran todos intolerantes- e como tamén, os habitantes de illas como Australia ou Groenlandia, son tolerantes ou intolerantes á lactosa dependendo das poboacións orixinais que as colonizaron, o que se coñece con nome de "efecto fundador".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia