CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Fernando Moraga Llop: "A vacina de AstraZeneca debe aplicarse en todas as franxas de idade"

11/03/2021 - 08:14 h

O vicepresidente da Asociación Española de Vacinoloxía, o pediatra Fernando Moraga Llop, asegura que a administración da vacina de AstraZeneca contra a Covid 19 debería ampliarse en España a todas as franxas de idade, incluída a de maiores de 55 anos.

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', o doutor Moraga confía en que a aprobación da vacina Janssen dos laboratorios Johnson & Johnson por parte da Axencia Europea de Medicamentos permita aumentar o ritmo de inmunización nas próximas semanas. Ademais de sumarse ás outras tres aprobadas xa pola Axencia, a de Jenssen é unha vacina moi manexable: adminístrase cunha soa dose e consérvase en neveiras convencionais entre 2 e 8 graos de temperatura. O doutor Moraga tamén sinalou que a nova vacina mostrou unha grande eficacia contra as formas máis graves das variantes británica, surafricana e brasileira do coronavirus.

O vicepresidente da Asociación Española de Vacinoloxía valorou as conversas dos fabricantes da vacina Sputnik con laboratorios europeos, entre eles un galego e outro catalán, para a produción de doses. O doutor Moragas cre que os resultados da Spunik publicados en revistas científicas son moi prometedores e que a aprobación e distribuición da vacina rusa "podería axudar moito na campaña de vacinación intensiva da poboación".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia