CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Falamos cun barroquista sobre a arte nas redes sociais

11/02/2019 - 13:04 h

Neste Galicia por Diante falamos cun barroquista, un divulgador de arte que emprega as redes sociais para achegar o Barroco á xente. 

Este usuario fala dos comentarios que deixa a xente por Internet cando visita os grandes monumentos.

"Hai quen os critica como se fosen o bar da esquina", asegura o divulgador.

"Hai moita xente que vai a un museo para ver unha única obra ou sen saber o que hai dentro. É unha mágoa", engade.

Pouco a pouco a arte vai obtendo o seu espazo no mundo dixital e ata os grandes pintores da historia, como Caravaggio, teñen redes sociais. Unha forma diferente de divulgar o coñecemento.

"Hai unha gran comunidade que fala sobre arte nas redes sociais", explica o barroquista.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí