CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ramón Huidobro: "Agardo que impere a sensatez e os Estados Unidos desista de impoñer os aranceis"

10/10/2019 - 08:17 h

O secretario xeral da Denominación de Orixe Rías Baixas, Ramón Huidobro, confía en que finalmente se chegue a un acordo que evite os aranceis anunciados polos Estados Unidos ás exportacións de produtos de España, Francia, Alemaña e o Reino Unido.

Á espera da xuntanza clave prevista para o luns entre a Unión Europea e os Estados Unidos, Huidobro explicou no GxD que Rías Baixas exportou o ano pasado a América do Norte viño por valor de 14 millóns de euros. Vendéronse nese mercado 3 millóns e medio de botellas.

Ramón Huidobro adiantou que a imposición das novas taxas obrigaría a reforzar as promocións en mercados coma o europeo para dar saída ao viño de Rías Baixas. 

"Hai 87 adegas agora mesmo vendendo nos Estados Unidos e teremos que reconducir os mercados, reorientar as nosas accións de promoción e deixar de dedicar recursos a ese mercado, se ao final se materializaran os efectos dos aranceis, e orientalos a mercados onde si temos presenza e moito traballo por facer".

O secretario xeral e xerente da D. O. Rías Baixas explicou que 5.000 familias coidan esas viñas, das que este ano se recolleron 32 millóns de quilos de uva, algo menos ca na vendima do ano pasado. En todo caso, Ramón Huidobro opina que a colleita de 2009 vai ser de calidade extraordinaria.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia