CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José González: "É a primeira noite con tranquilidade en canto ao número de incendios"

10/09/2019 - 08:11 h

O conselleiro do Medio Rural, José González, celebrou esta mañá na Radio Galega a extinción dos incendios de Oímbra, Lobeira e Monforte nas últimas horas: "É a primeira noite con tranquilidade en canto ao número de incendios".

González insistiu en remarcar a importancia da colaboración cidadá para evitar actividades incendiarias. Nunha entrevista na Radio Galega, González sinalou que "a principal dificultade neste tipo de delitos é que os temos que coller coas mans na masa. Ás veces, comportamentos aos que nós non lles damos demasiada importancia, as forzas de seguridade úsanos como elemento fundamental para unha investigación". Lembren que o número para denunciar este tipo de actividades, o 900 815 085, é anónimo e de balde.

O conselleiro falou tamén da iniciativa de aldeas modelo contra o lume impulsada pola Xunta, coa que se busca dedicar os terreos que deben ser rozados a unha actividade agrogandeira: "Os propietarios pasan de ter que pagar por rozar a cobrar un arrendamento pola terra". O núcleo de Osmo, no concello ourensán de Cenlle, será a primeira destas aldeas.

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí