CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Abraham Gerpe, concelleiro do PSdeG en Coristanco

10/08/2017 - 08:54 h
Abraham Gerpe, concelleiro do PSdeG en Coristanco

O que previsiblemente será o novo alcalde de Coristanco, o socialista Abraham Gerpe, deféndese na Radio Galega das críticas que fan desde o seu propio partido á moción de censura que acaban de presentar, co apoio do PP. 

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', Gerpe dirixiuse a Xoaquín Fernández Leiceaga para lle pedir que, antes de facer xuízos de valor, fale con el mesmo ou cos militantes para coñecer a realidade de Coristanco. Cre Abraham Gerpe que hai "unha falta importante de comunicación no partido", que cómpre solucionar. 

O edil socialista di que a Executiva Local do seu partido decidiu promover a moción de censura contra o actual alcalde de Terra Galega, porque a situación do Concello é insostible. Asegura que se perden subvencións, que os provedores non cobran as súas facturas, que non se convocan plenos...

Gerpe lémbralle ao seu partido que as agrupacións locais son "soberanas" en cada concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí