CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José Luís Suárez: "A situación en Monterrei é dramática"

10/07/2019 - 08:02 h

Hoxe estaremos pendentes do pleno urxente e extraordinario convocado no Concello ourensán de Monterrei. Será á unha e media e nel o alcalde, José Luis Suárez, solicitará que o municipio sexa declarado zona de emerxencia. Deste xeito poderá optar a axudas destinadas a paliar os danos causados polas treboadas do luns.

O rexedor estivo esta mañá no Galicia por diante, na Radio Galega, e falou do sucedido a consecuencia das chuvias e sarabiadas. José Luis Suárez destacou que Infesta é o lugar do concello máis danado, a zona cero das treboadas.

O alcalde de Monterrei lembrou que son moitas as infraestruturas afectadas. Hai danos en vivendas, iluminación, saneamento, adegas, pendellos e baixos das casas.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí