CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A relación entre a contorna e a xenética

10/01/2019 - 07:35 h

Hoxe temos unha sección diferente de divulgación científica. Este espazo, habitualmente protagonizado por Ángel Carracedo, conta hoxe con Julio Rodríguez.

Julio Rodríguez fálanos dos elementos móbiles do xenoma, os trasposóns, e a súa posible relación con enfermidades. Un traballo recentemente publicado por Fred Gage e o seu equipo do Salk Intitute de La Jolla, California, atopou que os ratos deprivados dos coidados maternos (modelo de trauma infantil) presentan máis movemento destes elementos móbiles no hipocampo, unha rexión do cerebro, e non en outros tecidos do corpo coma o corazón.

Polo de agora non atoparon relación entre un aumento da mobilidade destes elementos e algún tipo de trastorno, pero tendo en conta que o trauma infantil provoca máis risco de trastornos psiquiátricos no adulto, esta pode ser unha liña de investigación que aporte luz ao respecto.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia