CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José Luis Sancha, experto enerxético: "Un fogar medio pasou de pagar 50€/mes en electricidade, a pagar 56"

09/09/2021 - 09:00 h

A luz subiu, para un fogar medio, 6 euros no que vai de ano. É o cálculo que deixou no'Galicia por diante' o profesor José Luis Sancho, experto no sistema enerxético. Segundo dixo, nos últimos anos, un fogar medio gastaba ao mes 50 euros, con pequenas variacións. En agosto, a pesar de que o Goberno reduciu o IVE, ese fogar medio pagou 56.

"O fogar medio nos últimos anos pagou 50 euros ao mes. E isto foi bastante estable. Durante os meses do verán estes 50 euros foron crecendo e, a pesar da diminución do IVE e da exoneración do 7 por cento do imposto de xeración, en agosto foron 56". Discrepa así dos cálculos dalgunhas organizacións de consumidores, como FACUA, que advertía que a factura estaba indo por riba dos 100 euros.

"O problema non é a cantidade, senón a perspectiva: o que está provocando o debate é que non se define. Xuño, xullo e agosto foi medrando. Setembro, cos días que levamos, medrou e pecharemos setembro por riba dos 56 euros ao mes. Isto é o que está envelenando o debate e ao que habería que poñerlle fin".

"O que nos din os mercados de futuro é que o prezo do gas e o prezo dos dereitos de emisión do CO2 van ir crecendo, o cal é relativamente razoable porque entramos nun período invernal e polo tanto con maior consumo de gas, así que é difícil que o prezo do gas se reduza. En canto aos dereitos de emisión... é un mercando atípico porque realmente non hai un activo detrás destes dereitos. Simplemente é un papel que che permite emitir CO2 e polo tanto está suxeito a unhas condicionantes políticas e de xestión enerxética que están permitindo quizais que, como a UE está dicindo que chegará aos 100 euros a tonelada dentro duns anos, pois hai xente que está pensando que o compra agora a 50 ou 60 e gaña cartos. E iso está provocando unha escalada de prezos. E razoable pensar que isto vai seguir así".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia