Galicia por Diante
Avaliamos os danos despois da forte treboada en Ourense
No Galicia por Diante analizamos as consecuencias despois das fortes treboadas. Houbo inundacións, desprendementos e evacuacións en varias vilas da provincia. Un home tivo que ser evacuado en helicóptero despois de quedar ferido ao ser arrastrado pola auga. Na parroquia de Albarellos, en Monterrei, tiveron que rescatar persoas atrapadas.