CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Samuel Posada: "Hai que facer que o cliente se sinta cómodo nos locais nocturnos para que non acabe de botellón na rúa"

09/06/2020 - 08:23 h

O presidente da Federación de Asociacións de Salas de Festas e Discotecas (FESIGA), Samuel Posada, considera razoable a decisión da Xunta de atrasar ata xullo a apertura de locais de ocio nocturno.

Asegura que a maioría non pensaba abrir de momento e reclama medidas claras e definitivas que permitan combinar a saúde dos clientes coa rendibilidade dos negocios.

Samuel Pousada entende que as discotecas teñen que retomar a actividade cun aforo mínimo do 70-75% respectando as distancias e coa xente sen máscaras: "Hai que establecer unhas medidas que permitan a supervivencia do local e, ademais, que o cliente se sinta cómodo. Do contrario, o único que imos conseguir é fomentar o botellón, que a xente marche para a rúa, onde neste momento se están formando botellóns masivos".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia