CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Aspronaga colabora co reto deportivo da Fundación Telefónica na iniciativa 'Somos diferentes, somos iguais': “Podedes axudarnos mentres corredes"

09/05/2022 - 13:04 h

Fundación Telefónica propón un reto deportivo a Aspronaga, Asociación pro personas con discapacidad intelectual de Galicia,: conseguir 750 participantes e sumar 6.000 km. Se se consegue, Fundación Telefónica doará 6.000 euros a Aspronaga para que as persoas con discapacidade intelectual teñan as mesmas oportunidades para acceder ao ocio e a cultura. Precisan participantes para alcanzar este reto que permitiría poder sufragar os gastos a monitores e entidades deportivas.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia