CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

As consecuencias do cambio climático

09/05/2019 - 07:35 h

Na sección de divulgación científica con Ángel Carracedo falamos da loita pola recuperación da biodiversidade.

"O cambio climático é un feito", asegura o doutor.

"O cambio climático provoca pobreza e un incremento das desigualdades. Isto afecta a auga, a seguridade, a alimentación e, polo tanto, aumentan as enfermidades e os casos de cancro. A contaminación do aire é un feito gravísimo, ocasiona entre seis e sete millóns de mortes prematuras", explica Carracedo.

"O medio ambiente está deteriorándose en progresión aritmética. Son necesarias medidas sen precedentes para deter esta situación porque pon en risco a saúde humana".

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí