CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Miguel Conde, de CCOO: "Necesitamos que tomen decisións sobre Alcoa"

08/11/2018 - 08:07 h

Os traballadores de Alcoa agardan que o Goberno anuncie esta tarde a paralización do ERE de extinción das factorías da Coruña e Avilés, na reunión que convocou en Madrid cos presidentes autonómicos, os comités de empresa e os alcaldes das dúas cidades.

Esa é a prioridade, segundo contaba no 'Galicia por diante' o representante de Comisións Obreiras na factoría da Coruña, Miguel Conde: "Necesitamos xa que empecen a tomar decisións, porque o ERE está correndo". Conde explicou que a anulación do expediente permitiría gañar tempo: "Precisamos unha moratoria, sobre 18 meses, para tentar buscar solucións".

Conde aclarou que, polo momento, non teñen constancia oficial de ningún investidor concreto interesado en facerse coas dúas plantas ameazadas.

Os representantes sindicais das factorías galegas van participar esta tarde na manifestación convocada polos compañeiros de Avilés na cidade asturiana. Ademais, os traballadores da Coruña preparan unha concentración na Torre de Hércules para o próximo sábado.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí